Lingua de signos española: obradoiro impartido por Carol Fernández
Abrimos inscricións para un novo obradoiro de Lingua de Signos Española (LSE) con @carol_viviendo e a @amoradacooperativa a favor de Implicadas.
Carol Fernández volve colaborar con Implicadas para impartir un obradoiro práctico de lingua de signos. Nel aprenderemos algunhas bases para comunicarnos nesta lingua; pero, sobre todo, achegarémonos á comunidade e cultura xordas a través da empatía, o diálogo e a reflexión conxunta.
➡️ Para asistir só tes que inscribirte antes do 26 de outubro. Ligazón ao formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf6MIhxJIgSAMiD6q_mf2s_U6sqGWhwhYlqczqmJLXcTfNsJg/viewform
❓Para quen: para persoas maiores de 12 anos, non fai falta que teñas ningunha formación específica
🎟️ Donativo de 12€
🎯 Os fondos recadados irán destinados a apoiar ás nosas compañeiras de Támil Nadu no seu programa de erradicación do infanticidio feminino
📷 Foto de Carol Fernández