Concerto e jam: MoOoM

Evento

🎶 MoOoM é unha artista que centra o seu traballo na exploración dos ritmos de raíz atlántica a través dunha proposta sonora e performativa. @mooom.atlantica

A súa práctica nace dunha investigación etnomusicolóxica vencellada á súa formación como historiadora da arte, desde a que reflexiona sobre a identidade nos contextos migratorios.

Partindo dunha raíz híbrida, entre Galicia e o Brasil, percorre diferentes tradicións rítmicas e formas de oralidade presentes nas dúas beiras do Atlántico. O seu traballo non busca ofrecer respostas pechadas, senón abrir preguntas sobre a pertenza, a memoria e a transformación cultural, revelando conexións que, ás veces, pasan desapercibidas.

Convidamos ás músicas que queiran vir compartir este espazo de ritual colectivo nunha jam session.

Entrada inversa

3 hours ago
Centro social A Morada, Vigo
6, Rúa Enrique Xabier Macías, A Seara, Peniche, O Castro, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36203
Add to calendar
Download flyer