Foliada Orgullosa
Este ano, a foliada de fin de curso dos obradoiros de pandeireta e bailes de serán da Morada vén cheíña de cores.
Como sabedes, os colectivos amigos Nós Mesmas @asociacion_nosmesmas e Avante LGBT+ @avantevigo atopáronse con trabas e dificultades para levar adiante a festa do Orgullo Crítico posterior á manifestación. Por iso, que mellor maneira de reivindicar os dereitos LGBTIQA+ e celebrar que somos rede que xuntarnos nesta Foliada Orgullosa?
🎶 A partir das 12:00 h · Foliada @marta.ces @andreadriobaila
🎧 De 15:00 a 17:00 h · Sesión da nosa querida @mambisdj
🏳️🌈 Ás 20:00 h · Vémonos na manifestación convocada en Fernando Católico
🥟 Ademais, haberá petiscos deliciosos de @videlva !
3 days ago
Centro social A Morada, Vigo
6, Rúa Enrique Xabier Macías, A Seara, Peniche, O Castro, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36203
aMoradaAxendaVigoCulturaGalegaCulturaVigoFoliadaOrgullosaFoliadaVigoGalizaDiversaLGBTIQAGalizaorgulloOrgulloVigoQueFacerEnVigoSeránGalegovigoVigoCulturalVigoMolaVigoOrgullosaViveVigo