Introducción ao racismo e a decolonialidade

Cartel promocional do obradoiro antirracista.

Na parte superior, lese o título: "Introdución al racismo y la decolonialidad". Á dereita do título, hai o logo de CGT con dúas mans entrelazadas en sinal de solidariedade sobre unha bandeira anarcosindicalista vermella e negra.

Á esquerda, unha ilustración en estilo artístico amosa tres figuras humanas interactuando cunha árbore.

Á dereita anúncianse os detalles do obradoiro. Indícase que é un obradoiro de balde impartido por SOS Racismo Galiza. A data e hora: 26 de setembro ás 10:30, e o enderezo: rúa Teixugueiras 24, entrechán.

Finalmente, na parte inferior central, indícase a necesidade de reservar praza vía email escribindo ao enderezo social.ovvigo@cgtgalicia.org.

Ante os discursos de odio, racismo e xenofobia que, lamentablemente, se infiltraron na nosa vida cotiá da man da ultradereita, desde CGT consideramos que temos a obriga de fomentar unha conciencia crítica respecto á discriminación racial, subliñando a necesidade de xerar un firme compromiso antirracista.

Este curso, impartido polas compañeiras de SOS Racismo Galiza, ten os seguintes obxectivos fundamentais:

  • Analizar criticamente a responsabilidade social de cada un de nós á hora de contribuír a xerar, reproducir e lexitimar mecanismos racistas.

  • Adoptar unha postura fronte ao racismo e compartir ferramentas de educación antirracista para combater as súas consecuencias.

O obxectivo final do curso é valorar a diversidade cultural e promover a interculturalidade como o modelo de convivencia capaz de avanzar cara a un mundo máis inclusivo, no que aceptemos ás persoas independentemente da súa cor de pel, orixe, relixión e/ou cultura.

Nunha sociedade intercultural non hai lugar para o racismo; por tanto, traballar para a súa erradicación é un obxectivo esencial e unha obrigación, máis desde unha organización como a nosa.

O curso é gratuíto e ao finalizar haberá un pequeno pica pica vegano con opcións non veganas para as persoas que asistan.

Esperamos contar coa túa asistencia!

Data: Sábado 26 setembro
Hora: 10.30 H
Teixugueiras 24, Vigo. Local CGT

IMPORTANTE: As prazas son limitadas. Se queres asistir por favor envia un email a social.ovvigo@cgtgalicia.org

Secretaria de Acción Social e Igualdade.

in 7 days
CGT Vigo
24, Rúa das Teixugueiras, A Bouza, A Pedreira, Santo André de Comesaña, A Ponte, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36212, España
Add to calendar
Download flyer