Mouras | Escoita radiofónica e conversa
Que voces agochan as lendas das mouras? Como soa a procura de Mouri, a filla das Mouras?
O venres 6 de novembro, achegámonos a este universo mítico a través de Mouras, unha peza radiofónica de Anne Lepère creada a partir das lendas galegas e dos relatos de Karina Mouriño.
Unha paisaxe sonora na que as voces, a poesía e a música se entrelazan para abrirnos as portas a un mundo onírico. O galego, o inglés e o francés conviven nesta viaxe, onde as linguas tamén se escoitan como materia sonora.
Despois da escoita, abriremos un espazo para conversar arredor do mito das mouras.
🎟️ Taquilla inversa
Sobre a creación:
Mouras é unha produción de Anne Lepère, con voces de Karina Mouriño, Marion Sage e Anne Lepère, ademais das voces infantís de Emil Sebastião, Artai, Brais, Einar, Xurxo, Xián, Baia Rosalía e Seixo.
Duración: 28 min 36 s.