Presentación do libro Vostede Está Aquí, con Antía Marante

Presentación do libro Vostede Está Aquí
de Antía Marante con María Reimóndez
Venres 20 de novembro ás 19h
De balde

Que acontece cando chegamos a un lugar novo? Como nos adaptamos a outras coordenadas e que pegadas deixan en nós os lugares que descubrimos?

O venres 20 de novembro recibimos a Antía Marante na Morada para conversar arredor de Vostede está aquí, o seu primeiro poemario, publicado en Cuarto de Inverno.

Unha obra que nace da súa estadía en Kiel, no norte de Alemaña, e da vontade de explorar a adaptación a novos lugares, a memoria e os relatos que xorden das experiencias interculturais.

Actividade de balde

https://www.instagram.com/p/DfhXp_iFjAN/

in 4 days
Centro social A Morada, Vigo
6, Rúa Enrique Xabier Macías, A Seara, Peniche, O Castro, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36203
Add to calendar
Download flyer