Vermú Sororo
“Leonessa Marina” é o documental sobre Karina Pintarelli @pintarellik, militante de No Tan Distintes e a primeira muller trans recoñecida polo Estado Arxentino como vítima de violencia institucional pola súa identidade de xénero (durante a ditadura militar). Dado que Kari xa ten 69 anos de idade, queremos que volva a Roma (onde viviu no exilio) para cumprir un dos seus desexos: gozar, polo menos unha vez máis, da dolce vita (espagueti, xeado e pizza). Recadamos fondos para colaborar cos costos da gravación, voos e, por suposto, a comida da súa viaxe. Acompañades de vermú e petiscos, teremos:
💬 Charla con Flor Montes Paez @habladuriadelmundo dende Argentina, sobre @notandistintes_ e o seu libro “Acompañar é Político”
🎬 O Tráiler de “Leonessa Marina”
📚 Lectura da poesía de Kari, do seu libro bilingüe, “Loba de mar. Leonessa Marina” que se lanzará en Roma por @abduciendoediciones
Entrada: 8€ (inclúe vermú, petiscos e un agasallo). Se non podes asistir pero queres colaborar, podes facer a túa doazón a través da ligazón na nosa bio.
Imaxe @eugexazar