ZELTIA IREVIRE – Ruta en solitario

ZELTIA IREVIRE – Ruta en solitario

Zeltia Irevire é unha banda galega de indie folk e canción de autora formada en Santiago de Compostela no ano 2019. Nesta ocasión, Zeltia Acuña, a líder do proxecto, ofrece unha pequena ruta de concertos en solitario antes de marchar unha tempada a Irlanda.

A súa música integra instrumentación acústica cunha voz potente e unha guitarra que sostén unha proposta íntima e persoal. Nas súas cancións, tradición e modernidade conflúen con naturalidade.

Inspiradas na memoria e no territorio, as composicións reformulan a herdanza cultural galega desde unha perspectiva actual, situando o proxecto nun punto de encontro entre a escena indie contemporánea e as novas músicas de raíz.

in 1 day
Centro social A Morada, Vigo
6, Rúa Enrique Xabier Macías, A Seara, Peniche, O Castro, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36203
Add to calendar
Download flyer