(Ensaio aberto de) Unha señora orquestra con Ailén Kendelman

(Ensaio aberto de) Unha señora orquestra con Ailén Kendelman

Unha señora orquestra é o proxecto de muller orquestra que presenta a música e actriz Ailén Kendelman. Unha proposta singular na que a artista acciona varios instrumentos a través dun curioso sistema de mecanismos, cordas e roldanas cos que interpreta con habilidade ritmos galegos, músicas do leste e folclore latinoamericano.

O público que entra no mundo de Unha señora orquestra forma parte dun espectáculo cheo de humor e tenrura, move o esquelete con temas bailables e chalados, canta con ela as súas letras reivindicativas e un chisco picantes. Nestes tempos onde impera a “multitarefa” e a intelixencia artificial ameaza con gobernalo todo, poucas cousas hai tan contemporáneas e nostálxicas como un encontro con esta muller orquestra.

✨ Este evento é un ensaio aberto. Isto quere dicir que ides ver un adianto do espectáculo en primicia pero que, tamén, é un espectáculo aínda en proceso de creación.

📅 xoves 12 de marzo
🕗 as 20:00

⏱️ Duración: 50 minutos
🎟️ Taquilla inversa

2 days ago
Centro social A Morada, Vigo
6, Rúa Enrique Xabier Macías, A Seara, Peniche, O Castro, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36203
Add to calendar
Download flyer