MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR

MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR

Unha divertida sesión de contos que tamén abre un espazo para reflexionar sobre os roles e as desigualdades de xénero.

Un cesto trenzado de historias protagonizadas por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosas… ✨

💬
“Na miña casa está moi mal visto falar do que sucede na familia…
Pero que facer cando diante túa acontecen cousas incribles?
Calar para sempre… ou crear un divertido espectáculo de narración oral?
Iso si… tédesme que gardar o segredo 😉 porque todo o contado sucedeu de verdade!”

INVENTI TEATRO
Compañía formada por Bea Campos e Marcos Alonso, un dúo teatral cómico que inicia a súa andaina en 2017. Co humor, o clown e o movemento como linguaxe, crean espectáculos para toda a familia onde a diversión está garantida 💥

⏱️ Duración: 80 minutos
🎟️ Entrada de balde. Actividade financiada polo programa Culturea da Deputación de Pontevedra

1 day ago
Centro social A Morada, Vigo
6, Rúa Enrique Xabier Macías, A Seara, Peniche, O Castro, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36203
Add to calendar
Download flyer