Peza de danza Domitila, con Amparo Martínez Paz

Peza de danza Domitila, con Amparo Martínez Paz

MOSTRA DO PROCESO CREATIVO · DOMITILA

DOMITILA nace do encontro cun relato real: o dunha muller galega que pasou boa parte da súa vida fuxindo por apoiar a guerrilla republicana. Unha muller comprometida, fondamente sensible á arte e aos afectos. Amaba a música e bailaba soa nas festas da aldea, sen medo a ser xulgada. Unha muller coa necesidade profunda de ser escoitada💜

A forza da súa historia impulsou este proxecto escénico. Co paso do tempo, a creadora recoñeceu tamén ecos de reclusión na súa propia biografía. Nesta peza trázanse pontes entre pasado e presente, explorando reflexos, memorias e resonancias compartidas.

Bailarina, coreógrafa e licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Becada pola Xunta de Galicia en 1985 para continuar a súa formación en Danza e Coreografía na Nikolais/Louis Dance Lab (Nova Iorque). Seleccionada e finalista en diversos certames coreográficos en Madrid e Barcelona.

Crea as vídeo-danzas Puzzled Feet (2007) e Healing (2021). Tras 30 anos, retoma a danza cos solos Retake, O Noso, Ousar, PF site-specific 023 e Domitila (en proceso creativo), seleccionada no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir Galiza+Portugal (2022) e no Certame Micro-Escenas M2 do FIOT (2025).

Forma parte do elenco de As Gardiás ou o nó do tecelán (Teatro de Ningures, 2024-2025) e realiza o deseño de movemento escénico e coreografía da produción do CDG A burra, a mesa e o pau, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde (2024-2025).

15 days ago
Centro social A Morada, Vigo
6, Rúa Enrique Xabier Macías, A Seara, Peniche, O Castro, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36203
Add to calendar
Download flyer