Proxección da curtametraxe documental "Todo Por Hacer" e coloquio

Proxección da curtametraxe documental "Todo Por Hacer" e coloquio

Rafa é un arquitecto español que, tras unha crise persoal e profesional, decide deixalo todo atrás e viaxar a África na procura de sentido. Alí, en Uganda, conecta cunha maneira de facer arquitectura máis humana e cun impacto real na vida das persoas.

Desde unha ollada íntima e poética, o documental "Todo Por Hacer" cuestiona os mecanismos da axuda internacional e propón novas formas de construír e colaborar coas comunidades.

Unha reflexión honesta sobre a cooperación, a ética e os futuros posibles que nacen do pequeno e do esencial.

14 days ago
Centro social A Morada, Vigo
6, Rúa Enrique Xabier Macías, A Seara, Peniche, O Castro, Vigo, Pontevedra, Galicia, 36203
Add to calendar
Download flyer